lunes, 26 de junio de 2017

GRADUACIÓN

Chegou o fin dunha etapa para o alumnado de 6º do cole, unha promoción que deixa unha pegada no centro que non esqueceremos, e na súa despedida celebramos un acto de graduación (compartido cos nenos e nenas de 6º de educación infantil que tamén cambian de etapa), no que profes, alumnos e familias viviron momentos moi emotivos, aquí podedes ver un breve resumo deste fermoso día.
Dende o cole dámoslles a todos moitísimo ánimo e moita sorte na nova etapa que están a piques de comezar e desexámoslles un BO VERÁN!!

   
RESUMOGRADUACIÓN from Departamento de orientación on Vimeo.

lunes, 15 de mayo de 2017

EXCURSIÓN 6º- CANTABRIA

A etapa en primaria para os nen@s de 6º está a piques de rematar e por iso este ano chegou o momento da súa merecida excursión de fin de primaria.
Foron tres días moi intensos imposibles de comprimir en só 3 minutos pero aquí vos deixamos un pequeno resumo para que poidades ver o ben que o pasamos. 
Grazas a tod@s, alumnado e mestres porque foron uns días estupendos!!


  
CANTABRIA 2017 from Departamento de orientación on Vimeo.

martes, 2 de mayo de 2017

O PDI de 5º: "O Segredo do Códice"

Este ano como moi ben sabedes o tema proposto para o PDI no cole foi a IDADE MEDIA e os alumnos de 5º traballaron un montón sobre o tema.
Aquí vos presentamos o conto "O Segredo do Códice" o produto final do proxecto.
Noraboa a todo o alumnado de 5º de primaria e aos profes polo traballo realizado.

   
o segredo do códice from Departamento de orientación on Vimeo.

viernes, 3 de marzo de 2017

DÍA DA RADIO 2017


Despois dun tempo inactivos....retomamos con forza as publicacións no blogue do 3ºciclo, e facémolo para contarvos a nosa experiencia cun programa de radio, realizado no cole gracias a RADIO NOVA que serviu de ponte de unión entre os nosos alumnos e os alumnos do colexio de Barbudo, en Vila Verde (Portugal). 
Foi unha experiencia estupenda e aquí vos deixamos o enlace para que poidades escoitala.















miércoles, 18 de noviembre de 2015

O ALUMNADO DO TERCEIRO CICLO DO C.E.I.P. "MANUEL CORDO BOULLOSA" O 27 DE OUTUBRO DE 2015 DESPRAZOUSE  Á CIDADE COMPOSTELANA, ONDE VISITOU O MUSEO DO POBO GALEGO, A CATEDRAL E A FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA. XA EN PADRÓN VISITARON A CASA-MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO. FOI UN DÍA ESPECIAL DE CONVIENCIA ENTRE TODO O ALUMNADO DESTE CICLO.


visita santiago from Marga Fontán Sanmartín on Vimeo.

miércoles, 10 de junio de 2015

Excursión a Cantabria 2015

Bos días! Este curso, como cada ano o alumnado de 6º do colexio imos ir a Cantabria de excursión. Se queres crear a túa ruta vai ó enlace:http://www.viamichelin.es/web/Itinerarios
ITINERARIO:  Ponte Caldelas-Praia das Catedrais-Covas do Soplao-Comillas-Cabezón de la Sal-Cabárceno-Santander(Palacio da Magdalena)-León(Catedral)- Ponferrada(Médulas) e Ponte Caldelas.

martes, 4 de noviembre de 2014

O RÍO VERDUGO 6º A

O alumnado de 6º participou no Proxecto Documental Integrado(PDI), que no curso 2013-2014 se desenvolveu no C.E.I.P. Manuel Cordo Boullosa. O produto final foi a elaboración dunha presentación para amosar ós seus compañeiros. Fixérono empregando técnicas de traballo cooperativo como lapis ó medio, lectura compartida e folio xiratorio.